(Seguimos) A apertura de contextos plurais para a danza e as artes vivas en Galicia

O pasado 21 de xaneiro de 2020 celebrouse no Consello da Cultura Galega a xornada “O estado da danza en Galicia”. Toda a información e os vídeos das xornadas están dispoñibles aquí. O discorrer da xornada foi todo un exercicio coeográfico, no que algunas das persoas que facemos parte deste sector, tentamos poñer sobre a mesa as cuestións máis acuciantes sobre os lugares de onde vimos, os lugares nos que estamos e os que imaxinamos/desexamos. Cara o final da xornada, mantiven esta conversa coa escritora e xornalista Maria Solar sobre “A apertura de contextos plurais para a danza e as artes vivas en Galicia”. No día anterior, publiquei o seguinte, que hoxe sigo susbcribindo, se cabe, con maior convencimento:

“Mañá martes vou ao Consello Da Cultura Galega a unha xornada titulada ‘O estado da danza en Galicia’, convidada a falar sobre a apertura de contextos plurais para a danza e as artes vivas en Galicia. Fronte ao rigor mortis ao que parecen querer someternos algunhas administracións públicas (ou os seus desgobernos), mañá tentarei explicar cousas coma estas sobre a importancia dos nosos corpos. -Cousas que non son nada novo, pois moitas compañeiras artistas levan tempo poñéndoas en práctica, aquí en Galicia-:
“O corpo é un dos territorios máis directos e inmediatos de control social e político, pero tamén é o principal lugar de resistencia, expresión, apertura ou rebeldía. A danza, as “artes vivas” sitúan no centro a ese corpo en acción, que se expresa dende unha comprensión expandida da escena, e que polo tanto pode poñer en cuestión os formatos habituais: de programación, de espazos, de relacións… O ‘escenario’ (entendido este tamén de xeito amplo) é espazo de acción e de pensamento para a colectividade reunida. Poñer os nosos escenarios á disposición do acontecemento dos corpos vivos, é o que toca.”

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s