Ulises e a nena durmida. A travesía de Ánxela Blanco (e a bandada)

Sacrifican un carneiro de cornos dourados na honra da deusa Atenea. A partida de Ítaca (mapa oficial). Penélope tece e destece endurecendo a súa sensibilidade, resistindo, pendurada. Telémaco era dunha materia tan branda que non explotou ao recibir o impacto, S.O.S. Case naufraxio de Ulises (territorio propio). Poderosa Circe. Caída do palacio. Saída da caverna.

18034080_774613206029941_3611606681286134735_n

O Teatro Rosalía de A Coruña acolle este sábado 20 de maio, ás 20.30 horas, a obra «Ulises e a nena durmida, segunda travesía» de Ánxela Blanco. Estreada o 30 de abril de 2016 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, foi parte da programación do festival Primavera en danza 2017 de Carballo, e xa está anunciada dentro do cartel de Galicia Escena Pro que se celebrará no mes de xuño en Santiago.

«Ulises e a nena durmida, segunda travesía» é un espectáculo de danza contemporánea, teatro e visuais dirixido por Ánxela Blanco sobre o poema épico «A Odisea», que narra a viaxe de Ulises, e o seu retorno a Ítaca tras a guerra de Troia. A obra é unha chamada a cuestionar a historia e os mitos,  así como as canles polas que son transmitidos. O espectáculo é tamén un berro sobre o dereito das mulleres a decidir sobre o seu propio corpo ou, como se di durante a obra, o dereito a navegar. Nesta busca de liberdade, o corpo transita os xéneros encarnando e dialogando cos diferentes protagonistas da épica viaxe. É, por tanto, a procura do corpo propio e descolonizado, un intento de darlle voz aos corpos máis silenciados, máis durmidos.

A obra comeza coa partida á guerra e co sacrificio dun carneiro na honra da deusa Atenea. Entramos no palacio e descubrimos un Ulises que se prepara para o combate. Un chan de espello e un trono enmarcan un ambiente esmerado. Fóra, na illa, veremos unha escena que cambia ao elevarse unha vela que tamén funciona como un telón. Despois de percorrer a illa, hai unha volta ao palacio, para atopar Penélope e Telémaco, nun tempo lento e delicado como esa longa espera. Veremos tamén a Circe, sensual e inclasificable. A través destes catro corpos, representados por Ánxela Blanco, e coa axuda do carneiro, a obra navega na reinterpretación deste mito. Viviremos esa apaixonante travesía facendo un percorrido desde o mapa oficial ao territorio propio.

A peza é un solo, acompañado de imaxes e de música orixinal composta para a ocasión por referentes do país como Mónica de Nut ou Macarena Montesinos. Atelier efímero deseñou un vestiario versátil e enxeñoso que permite o cambio áxil dunha personaxe a outra, gardando a delicadeza da proposta estética. O telón será soporte de imaxes, unha ventá á paisaxe exterior, ao mar, ao tránsito. Unha colaxe a modo de vídeo poema de Rubén Vilanova completará a narración xunto con outras imaxes inspiradas na guerra de Troia ou na propia illa de Eea, profundando nesta segunda travesía na canle visual como ingrediente escénico.

INTRODUCCIÓN A ULISES E A NENA DURMIDA from Nomad on Vimeo.

Ánxela Blanco desenvolve a súa traxectoria profesional no estudo de disciplinas e artes relacionadas co corpo como a ximnasia deportiva, o teatro físico ou as acrobacias para crear proxectos multidisciplinares dunha gran beleza artística.

Nesta creación escénica independente e autoxestionada traballaron unhas vinte profesionais do ámbito artístico. A súa creadora Ánxela Blanco, da Cooperativa Galega Rexenerando, promove actualmente o proxecto expandido da obra “Arte lenta para transformar corpos e comunidades”, cuxo obxectivo é abrir liñas de traballo entorno do corpo naqueles concellos que programen a obra ou teñan interese nas contidos. A través do traballo con adolescentes ou outras comunidades sensibles reflexionarmos sobre o xénero e os mitos, procurando encher os teatros e recuperalos como lugar do colectivo.»

Fonte: dossier e nota de prensa da obra.

18300956_785346871623241_4923993964978203292_n

O proxecto de Programación Expandida TRC Danza entrevistou recentemente a Ánxela Blanco, que comezou por definirse como ‘un corpo, que cambia, que muta, que baila… e que a veces baila moi pouco, ao que lle interesan cousas moi diferentes». Fala da obra como unha travesía por todos os corpos protagonistas da Odisea, pero revisitados, a partir do reflexo que tales personaxes lle devolveron ante o espello. Na que ela chama segunda travesía, as personaxes mudan novamente. Andrea fala tamén da falta de espacios para a danza e da posibilidade de conquistar calquera, do traballo nun teatro de cabeceira, das ‘bailadoras’ e da ‘bandada’, esas persoas que acompañaron e acompañan a creación nun proceso case de convivencia. ÓPERA, CORPO E PAPAIA.

Ficha artística

Dirección, textos e espazo escénico: Ánxela Blanco 
Interpretación: Ánxela Blanco / 
Asistencia de movemento: Andrea Quintana / 
Asistencia na interpretación: Natalie Schaevers / 
Música orixinal: Mr. Krah (Iván Rodríguez), Macarena Montesinos, 
Mónica de Nut, Manuel Fonte e María Move / 
Iluminación e espazo escénico: Afonso Castro / 
Visuais: Rubén Vilanova/ Vestiario e arte: Atelier efímero / 
Técnico en xira: Dani Pais
Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s